xoves, 10 de outubro de 2024

Buzón de suxestións

Poñemos en marcha o noso Buzón de suxestións! Se hai algún libro que non atopas na biblio e che gustaría que estivese, escribe o seu título para ver se podemos traelo. Podes facelo nos recreos de biblio ou cando veñas co teu profe. Esperamos as túas ideas!

martes, 1 de outubro de 2024

Comezamos o curso 24-25!

 Ola a todas e todos! 

Hoxe é 1 de outubro e comezamos, como cada curso a nosa actividade na biblioteca. 

A partir de hoxe xa podedes empezar a pasarvos por aquí cos vosos profes a coller os libros que máis vos gusten. 

Lembrade que tamén a partir desta semana a biblio estará aberta nos recreos dos xoves e os venres. 

Aquí tedes o programa da radio WFF onde vos contamos todas estas cousas.

https://go.ivoox.com/rf/134328118

E tamén anda por aquí a pandereteira Xulieta, que está lista para presentarvos o tema deste curso.


Durante este curso, aprenderemos sobre Músicas tradicionais do mundo!

Comezamos!