Blogue da Biblioteca "As bolboretas" CEIP "Wenceslao Fernández Flórez". Cambre (A Coruña)
Etiquetas
- Actividades 15-16
- Actividades 16-17
- Actividades 17-18
- Actividades 18-19
- Actividades 19-20
- Actividades 20-21
- Actividades 21-22
- Actividades 22-23
- Actividades 23-24
- Actividades 24-25
- Cóntanos un conto.
- Eventos
- Exploramos o espazo
- Formación de usuarios
- Fotos;
- LECTURAS NO RECREO
- Matemáticas
- Plan Lector
- Proxecto Río Mero
xoves, 25 de novembro de 2021
Día Internacional Contra a Violencia de Xénero
mércores, 17 de novembro de 2021
Comezamos!
luns, 21 de xuño de 2021
O Camiño en familia
Ola a todos!
Como xa sabedes este curso chega ao seu fin e quería despedirme e desexarvos un bo verán. Vémonos o curso que ven para aprender moitas cousas novas. Pero antes de despedirme vos deixo co vídeo que elaborei coas fotos que me mandastes da actividade O Camiño en familia. Moitas grazas pola vosa partcipación.
Felices vacacións!
mércores, 19 de maio de 2021
Concurso Mascota Xacobea
Xa temos gañadora do noso concurso Mascota Xacobea! É Claudia Janeiro, de 2º B, coa súa mascota Ladriño! Aquí a tedes recollendo o seu premio.
mércores, 28 de abril de 2021
Día do libro
Como sabedes, o pasado venres 23 de abril foi o Día do Libro e no cole o celebramos elaborando uns marcapáxinas do Camiño de Santiago chulísimos! En Primaria, ademais, os intecambiamos entre as diferentes clases (despois de pasar a correspondente corentena, claro) así cada neno ou nena levou para a casa o marcapáxinas feito por outro compañeiro ou compañeira con todo o seu cariño. Aquí tedes algunhas fotos.
xoves, 8 de abril de 2021
Recursos do Camiño de Santiago
Ola a todas e todos!
Aquí tedes algúns recursos para aprender un pouco máis sobre o Camiño de Santiago.
Agardamos que vos gusten!
CANCIÓNS
PASATEMPOS
CONTOS
¡Buen camiño, Celestino! (Infantil e 1º ciclo)
Sophie en el Camiño (2º e 3º ciclo)
MATERIAIS DIDÁCTICOS
Infantil e 1º ciclo
2º e 3º ciclo
mércores, 24 de marzo de 2021
O CAMIÑO EN FAMILIA
Ola familias!
Son Xulieta e estou outra vez por aquí para propoñervos unha actividade en familia. Como xa sabedes, este curso estamos a traballar desde a biblioteca o tema de O Camiño de Santiago.
Aproveitando que O Camiño Inglés pasa polo noso concello e outros concellos cercanos, quería propoñervos que recorrades en familia algún pequeno tramo deste camiño e me enviedes unha foto nunha mouteira como na que estou eu sentada ou nalgún monumento ou punto de interese.
Podedes enviarme as imaxes ata o 3 de maio ao seguinte
correo:
Na mensaxe tedes que incluír o nome da nena ou neno e o
curso no que está, así como explicarme onde está sacada a foto ou calquera
outra cousa que queirades comentar.
Bo Camiño!
Por aquí bos deixo algunha información sobre o Camiño
Inglés:
https://www.caminodesantiago.gal/es/planifica/las-rutas/camino-ingles









