xoves, 10 de outubro de 2024

Buzón de suxestións

Poñemos en marcha o noso Buzón de suxestións! Se hai algún libro que non atopas na biblio e che gustaría que estivese, escribe o seu título para ver se podemos traelo. Podes facelo nos recreos de biblio ou cando veñas co teu profe. Esperamos as túas ideas!

martes, 1 de outubro de 2024

Comezamos o curso 24-25!

 Ola a todas e todos! 

Hoxe é 1 de outubro e comezamos, como cada curso a nosa actividade na biblioteca. 

A partir de hoxe xa podedes empezar a pasarvos por aquí cos vosos profes a coller os libros que máis vos gusten. 

Lembrade que tamén a partir desta semana a biblio estará aberta nos recreos dos xoves e os venres. 

Aquí tedes o programa da radio WFF onde vos contamos todas estas cousas.

https://go.ivoox.com/rf/134328118

E tamén anda por aquí a pandereteira Xulieta, que está lista para presentarvos o tema deste curso.


Durante este curso, aprenderemos sobre Músicas tradicionais do mundo!

Comezamos! 

martes, 24 de outubro de 2023

Día das bibliotecas 2023

 Como cada 24 de outubro hoxe celébrase o Día das Bibliotecas. 



Pero lembrade que a biblioteca está aberta para vós durante todo o curso. Aproveitade todas as oportunidades que nos ofrece. 

venres, 20 de outubro de 2023

Mochilas viaxeiras

 Hoxe comezan a viaxar as nosas mochilas ás casas dos nenos e nenas de 1º e 2º ciclo. Esperamos que as disfrutedes!



luns, 2 de outubro de 2023

mércores, 24 de maio de 2023

Visita á Casa de Wenceslao Fernández Flórez

 Onte, e como colofón a o noso proxecto deste curso "O Bosque Animado" realizamos unha saída de todo o colexio á casa de Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. 

O alumnado de 3º ciclo chegou a pé polo paseo do río e ao chegar uniuse ao resto do centro, que xa estaba alí esperando. 


Xa na casa, realizamos uns "apadriñamentos lectores". O alumnado de 5º e 6º lles leu ao resto dos cursos unha historia do libro "O Bosque Animado".  Tamén aproveitamos para merendar alí. 






Por último, o alumnado de 3º ciclo realizou unha visita ao interior da casa e a unha exposición fotográfica que alí podemos atopar. 






Agradecemos a Alicia e Teresa o ben que nos recibiron, nos trataron e todas as cousas que nos explicaron. 

mércores, 26 de abril de 2023

Día do Libro



 

A semana pasada,  con motivo do Día do Libro, realizamos un mercadillo de libros para intercambiar lecturas. Todo o que sexa ter libros novos para ler, encántanos!