mércores, 24 de maio de 2023

Visita á Casa de Wenceslao Fernández Flórez

 Onte, e como colofón a o noso proxecto deste curso "O Bosque Animado" realizamos unha saída de todo o colexio á casa de Wenceslao Fernández Flórez en Cecebre. 

O alumnado de 3º ciclo chegou a pé polo paseo do río e ao chegar uniuse ao resto do centro, que xa estaba alí esperando. 


Xa na casa, realizamos uns "apadriñamentos lectores". O alumnado de 5º e 6º lles leu ao resto dos cursos unha historia do libro "O Bosque Animado".  Tamén aproveitamos para merendar alí. 






Por último, o alumnado de 3º ciclo realizou unha visita ao interior da casa e a unha exposición fotográfica que alí podemos atopar. 






Agradecemos a Alicia e Teresa o ben que nos recibiron, nos trataron e todas as cousas que nos explicaron.