Desde a biblioteca do CEIP Wenceslao Fernández Flórez querémosvos desexar unhas felices e merecidas vacacións. Vémonos en setembro! Non vos esquezades de ler!
blogvoreta
Blogue da Biblioteca "As bolboretas" CEIP "Wenceslao Fernández Flórez". Cambre (A Coruña)
mércores, 22 de xuño de 2022
sábado, 23 de abril de 2022
Día do Libro
martes, 5 de abril de 2022
Recoméndalle un libro a Xulieta
Ola a todas e todos!
Son Xulieta e últimamente non sei que ler. Achégase o Día do Libro, que é o próximo 23 de abril, e gustaríame que me recomendedes un libro, e tamén ás vosas compañeiras e compañeiros. Para facelo tedes que enviar un vídeo no que contedes que libro é, de que vai e por que vos gusta ao seguinte enderezo electrónico:
wffbiblioteca@gmail.com
A data límite para envialo é o mércores 20 de abril e posteriormente publicarei as vosas recomendacións neste blog para que todo o mundo poda disfrutar dos libros que recomendedes.
Non esquezades tamén seguirnos por Instagram en @bibliotecawff
mércores, 23 de febreiro de 2022
Día de Rosalía
Hoxe, 23 de febreiro, celebramos o Día de Rosalía. Para homenaxeala cada aula recitou ou cantou un dos seus famosos poemas. Velaquí os tedes!
Non esquezades seguirnos en Instagram en @bibliotecawff!
martes, 21 de decembro de 2021
Bo Nadal
Dende a biblioteca do CEIP Wenceslao Fernández Flórez vos queremos desexar un moi Bo Nadal e un próspero 2022. Vémonos á volta!
martes, 7 de decembro de 2021
Lecturas pola igualdade
As nenas e nenos de 5º de Primaria, con motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero, cóntannos uns contos. Aí os tedes!
Las niñas serán lo que quieran ser