Ola familias!
Son Xulieta e estou outra vez por aquí para propoñervos unha
actividade en familia. Como xa sabedes, este curso estamos a traballar desde a
biblioteca o tema de O Camiño de Santiago.
Aproveitando que O Camiño Inglés
pasa polo noso concello e outros concellos cercanos, quería propoñervos que
recorrades en familia algún pequeno tramo deste camiño e me enviedes unha foto
nunha mouteira como na que estou eu sentada ou nalgún monumento ou punto de
interese.
Podedes enviarme as imaxes ata o 3 de maio ao seguinte
correo:
wffbiblioteca@gmail.com
Na mensaxe tedes que incluír o nome da nena ou neno e o
curso no que está, así como explicarme onde está sacada a foto ou calquera
outra cousa que queirades comentar.
Bo Camiño!
Por aquí bos deixo algunha información sobre o Camiño
Inglés:
https://www.caminodesantiago.gal/es/planifica/las-rutas/camino-ingles
http://www.cambre.es/turismo/camino-ingles/
http://www.culleredo.es/es/node/228