xoves, 24 de abril de 2014

DÍA DO LIBRO

Esta semana estamos a celebrar o Día do Libro con diferentes actos.

Mércores, 23 de abril, proxección dunha curtametraxe durante o recreo na biblioteca.
Preme sobre a imaxe para ver a película.




Ademais, cada titoría está a elaborar uns marcapáxinas adicados a esta celebración que servirán para intercambiar na próxima Feira do Libro.
Ao longo da semana cada clase, desde Educación Infantil ata 6º curso de Primaria será agasallada cun libro para a biblioteca de aula.
Agardando que as lecturas propostas sexan do interese de todos e de todas, feliz Semana do Libro!

1 comentario:

  1. Non proliferan os comentarios positivos sobre os mestres nesta sociedad. Por iso quero deixar constancia da miña opinión sobre o profesorado do CEIP Wenceslao de Cambre. Son persoas maravillosas e uns profesionais excelentes.
    Unha aperta a todos
    Carmen Iglesias

    ResponderEliminar